Pensamos

Apaixoadas do téxtil e fartas da moda rápida, a través de Carballo Artesanía confeccionamos a moda que nos gusta consumir. #ModaAModiño abrangue unha forma de facer as cousas respectuosa. Defendemos o medio ambiente, o consumo responsábel, os dereitos laborais, creando pezas de xeito artesanal e coidando todos os aspectos relacionados.