Coñécenos

Carballo Artesanía abre unha tenda online na que o máis importante non é a roupa

Modelos posan con camisetas da colección músicas e pendentes Boborás de Carballo Artesanía

A marca de artesanía galega, comprometida co feminismo, o comercio local e a economía circular e sostible, aposta por crear un espazo na Internet que sirva como altofalante das historias das mulleres que inspiran as súas creacións e como expositor do que deron en chamar a #ModaAModiño

Desde hai algo máis dun ano, o mundo da artesanía galega conta cunha nova marca de deseño textil, Carballo Artesanía, que basea a súa losofía na moda única, ética e persoal.

Detrás das súas agullas están Áurea e Eva Carballo, nai e filla, que, despois de moitos anos de aprendizaxe e curiosidade conxunta, decidiron unir forzas e coñecemento para facer agromar esta nova marca de roupa sostible. Confeccionan os produtos un por un, únicos e personalizados, e numerados como mostra da exclusividade de cada un deles.

“Gústanos pensar, soñar, crear, experimentar sen límites e encántanos que a nosas prendas atopen morada”, explica Eva, quen é a cabeza visible da marca nos numerosos mercados e feiras nos que teñen participado neste último ano.

Co obxectivo de chegar aínda a máis xente, Carballo Artesanía inaugura este luns unha nova web ca que, se- gundo as súas creadoras, queren ir moito máis alá: “Pre- tendemos que esta páxina sexa un espazo que transcen- da da tenda online. É a nosa casa, aberta ao público, onde se poderá coñecer todo o que facemos e como”.

Tras cada colección de Carballo Artesanía agóchase unha historia. A colección MÚSICAS, unha das primeiras que lanzou a marca, está composta por unha serie de camisetas pintadas a man con deseños de Nina Simone, Chavela Vargas, Amy Winehouse, Celia Cruz e Janis Joplin, cuxas siluetas van acompañadas dun bordado exclusivo. Con esta colección, a marca quixo tamén visibilizar un dos seus piares básicos: o feminis- mo. “Falamos en feminino inclusivo e Carballo Artesanía é un dos nosos medios de loita pola visibilización do traballo das mulleres”, afirman.

Por outra banda, seguindo ca losofía do comercio local como a mellor forma de defender a terra e o medio ambiente, fan a gran maioría das súas compras a provedoras locais: teas, fíos, papeis, impresións… Sendo todo da terra, ten sentido que cada modelo teña o nome dun concello galego. Así, os pendentes máis icónicos de Carballo Artesanía son os Boborás, que comparten espazo cas gargantilla Esgos ou os tops Oímbra.

O compromiso medio ambiental de Carballo Artesanía queda tamén acreditado na súa práctica da economía circular, xa quedan unha segunda vida a moitos retallos que non tiñan máis destino co lixo ou trasforman pezas que ían ser retiradas. Este foi o caso dunhas colchas dos anos 60 e 70, doadas por diversas persoas que querían desfacerse delas, que pasaron a converterse nos xerseis As Neves que se poden atopar na Colección Movemento. Ademais, as etiquetas que acompañan a cada unha das prenda están pensadas para utilizar como marcapáxinas e no packaging, confeccionado e estampado a man, non se utiliza ningún material plástico.

Todos estes ingredientes son os que conforman o que Eva e Áurea deron por chamar a #ModaAModiño, “que abrangue una forma de facer as cousas respectuosa, creando as nosas pezas de xeito artesanal e coidando todos os aspectos relacionados ca nosa actividade”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *