OBXECTO

Este Aviso Legal trata de regular a posta ao dispor das usuarias da información e os servizos que se proporcionan a través da páxina web carballoartesania.es, propiedade de Eva Neira Carballo, con domicilio social en cálea Domingo García-Sabell, 15705, Santiago de Compostela , con NIF: 39468591 Q rexistrada no rexistro nacional de asociacións co número 91.009 e declarada de utilidade pública segundo Orde Ministerial de 17/10/1995.

A navegación polo website atribúe a condición de usuaria e implica a aceptación plena e sen reservas do presente Aviso Legal. Salvo indicación expresa en contrario, o acceso á información mostrada nas páxinas do portal é totalmente gratuíto.

CARBALLO ARTESANÍA resérvase o dereito para modificar unilateralmente, en calquera momento e sen aviso previo/previo aviso, a presentación, configuración ou contido do website e do presente Aviso Legal. Estas modificacións consideraranse validamente notificadas desde a súa publicación na páxina web.

OBRIGAS DA USUARIA

A usuaria obrígase a usar os contidos de forma dilixente, correcta, lícita e de conformidade á Lei e ao presente Aviso Legal. En particular, comprométese a non utilizar os contidos cunha finalidade contraria á Lei, moral ou orde pública; a non reproducir ou copiar, non distribuír, non permitir o acceso público, non transformar e non modificar ningún tipo de contido do website, fóra de que conte con autorización expresa e en calquera tipo de soporte, xa sexa físico ou lóxico, de Médicos do Mundo ou con autorización expresa, no seu caso, do lexítimo titular dos dereitos sobre os contidos antes mencionados.

Así mesmo, a usuaria obrígase a non utilizar o deseño e o código fonte das páxinas web do website cunha finalidade contraria á Lei, moral ou orde pública.

EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE

CARBALLO ARTESANÍA non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do website e exclúe calquera tipo de responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do website ou á defraudación da utilidade que as usuarias houberen podido atribuír ao website. En particular, CARBALLO ARTESANÍA non asumirá ningún tipo de responsabilidade polos posibles fallos no acceso ás distintas páxinas do website da súa propiedade.

SITIOS ENLAZADOS

O website pode incluír dispositivos técnicos de ligazón que permiten á usuaria acceder a outras páxinas e portais da internet (en diante, «Sitios Enlazados»). Nestes casos, CARBALLO ARTESANÍA actúa como prestador de servizos de intermediación de conformidade co artigo 17 da Lei 34/2002, do 12 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico ( LSSI) e só será responsable dos contidos e servizos fornecidos nos Sitios Enlazados na medida en que teña coñecemento efectivo da ilicitude e non desactivase a ligazón coa dilixencia debida.

CARBALLO ARTESANÍA non coñece os contidos e servizos dos Sitios Enlazados e por tanto non se fai responsable polos danos producidos pola ilicitude, calidade, indispoñibilidade, erro e inutilidade dos Sitios Enlazados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable a CARBALLO ARTESANÍA.

 

PROPIEDADE INTELECTUAL

Os dereitos de propiedade intelectual da páxina web carballoartesania.es e dos distintos elementos nela contidos, incluíndo, sen limitación, a información escrita, os deseños gráficos, debuxos, arquivos de imaxe e de son, deseños fotográficos, gravacións e, en xeral de todo o material accesible desde a web pertencen a CARBALLO ARTESANÍA. Correspóndenos o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación de tales dereitos de propiedade intelectual, en calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.
A utilización non autorizada da información contida nesta Web, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial de CARBALLO ARTESANÍA, dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas. 
A usuaria non poderá, en ningún caso, establecer ligazóns (“ links”) entre calquera espazo accesible desde Internet e a Web, salvo que sexa previamente consentido de forma expresa e por escrito por parte de CARBALLO ARTESANÍA.

DURACIÓN

A duración do presente Aviso Legal para o uso desta páxina web ten carácter indefinido e permanecerá vixente mentres o portal estea activo. A usuaria recoñece ler o Aviso Legal, e presta a súa conformidade co contido do mesmo.

Así mesmo, CARBALLO ARTESANÍA poderá modificar o contido do presente Aviso Legal en calquera momento, coa finalidade de adecualo a futuros cambios lexislativos ou tecnolóxicos. Estas modificacións consideraranse que foron eficazmente notificadas desde a súa publicación na web sendo válidas desde ese momento.

 

LEI APLICABLE

O presente Aviso Legal réxese pola lexislación española. En caso de disputa ou controversia relacionada coa interpretación ou aplicación do mesmo, as partes sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais da cidade de Madrid.