Candeloria
Na casa sempre houbo plantas e sempre nos fascinaron as flores. A #ColecciónCandeloria nace desa admiración polas plantas, porque ademais de ser fermosas inflúen sobre o noso estado de ánimo. Hai quen sinte acompañada e quen pasa horas mirando para elas. E para quen quere poder levalas consigo é a Colección Candeloria, unha serie de pendentes modelados a man de diferentes flores.














Ficha técnica
Vestimenta Carballo Artesanía
Maquillaxe Carballo Artesanía
Fotografía, posprodución Carballo Artesanía
Modelos Jairo Moreno e Vera Moreno
Obras, espazo Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela