Envíos e devolucións

Unha vez que recibimos o teu pedido enviámosche un correo electrónico no momento no que fagamos o envío mediante Correo Certificado co localizador para que sigas o teu paquete. A entrega farase en 48-72 horas.

Tes 15 días para cambiar ou devolver o teu produto, excepto pendentes por cuestións hixiénicas. Os gastos de envío correrán pola túa conta, excepto erros ou taras das prendas. Ti serás a responsable de que o paquete chegue a nós, polo que Carballo Artesanía non se fai responsable de extravío ou dano durante a devolución.

O produto ten que estar en perfectas condicións e unha vez comprobado procederemos ao cambio ou devolución.

Para solicitar un cambio ou devolución envíanos un correo electrónico co asunto CAMBIO ou DEVOLUCIÓN a ola@carballoartesania.es