Política de privacidade

1. Política de privacidade

Carballo Artesanía informa ás usuarias do sitio web sobre a súa política respecto do tratamento e protección dos datos de carácter persoal das usuarias e clientas que poidan ser solicitados pola navegación ou contratación de servizos a través do seu sitio web.

Neste sentido, Carballo Artesanía garante o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, reflectida na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Real Decreto 1720/2007, de 21 decembro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento da LOPD.

O uso desta web implica a aceptación desta política de privacidade.

2. Recollida, finalidade e tratamentos de datos

En Carballo Artesanía tratamos a información que nos facilitan as usuarias coa fin de prestarlles o servizo solicitado e realizar a súa facturación. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante o tempo necesario para cumprir coas obligacións legais e atender as posibles responsabilidades que puidesen derivar do cumprimiento da finalidade para a que os datos foran recabados. Os datos non se cederán a terceiras salvo nos casos en que exista unha obligación legal. As usuarias teñen dereito a obter información sobre se en Carballo Artesanía estamos tratando os seus datos persoais, polo que poden exercer os seus  dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade de datos e oposición e limitación ao seu tratamento ante Carballo Artesanía, na dirección de correo electrónico ola@carballoartesania.com, adxuntando copia do DNI ou documento equivalente. Así mesmo, e especialmente se considera que non obtivo satisfacción plena no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a autoridade nacional de control dirixíndose a estes efectos á Agencia Española de Protección de Datos, C/ Jorge Juan, 6 – 28001 Madrid.

Así mesmo, solicitamos a autorización das usuarias para ofrecerlles produtos e servizos relacionados cos contratados e fidelizarlas como clientas nos formularios de datos.

3. Comunicación de información a terceiros

Carballo Artesanía informa ás usuarias de que os seus datos persoais non serán cedidos a terceiras organizacións, coa condición de que dita cesión de datos este amparada nunha obrigación legal ou cando a prestación dun servizo implique a necesidade dunha relación contractual cun encargado de tratamento. Neste último caso, só levará a cabo a cesión de datos ao terceiro cando Carballo Artesanía dispoña do consentimento expreso do usuario.

4. Dereitos dos usuarios

A Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal concede ás interesadas a posibilidade de exercer unha serie de dereitos relacionados co tratamento dos seus datos persoais.

Os datos da usuaria son obxecto de tratamento por parte de Carballo Artesanía. As usuarias poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de acordo co previsto na normativa legal vixente en materia de protección de datos persoais.

Para facer uso do exercicio destes dereitos, a usuaria deberá dirixirse mediante comunicación escrita, achegando documentación que acredite a súa identidade (DNI ou pasaporte), á seguinte dirección: ola@carballoartesania.es; ou a dirección que sexa substituída no Rexistro Xeral de Protección de Datos. Dita comunicación deberá reflectir a seguinte información: Nome e apelidos do usuario, a petición de solicitude, o domicilio e os datos acreditativos.

O exercicio de dereitos deberá ser realizado pola propia usuaria. Con todo, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal da autorizada. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación do interesado.