Somos e facemos

Detrás das agullas de Carballo Artesanía estamos Áurea e Eva Carballo, nai e filla respectivamente. Resultado de moitos anos de aprendizaxe xuntas, en 2018 poñémoslle nome oficial a esta paixón que compartimos para crear baixo o nome de Carballo Artesanía moda única, ética e persoal.

Gústanos pensar, soñar, crear, experimentar sen límites, e encántanos que as nosas prendas atopen morada.

Confeccionamos nós mesmas os nosos productos, un por un. Todos son únicos, non facemos dous iguais, e por iso están numerados.